Sección de Etnografía
Por atoparnos no mundo rural, esta e a sección máis ampla.Aquí reproducense elementos propios dunha casa rural, o mundo da labranza así como os oficios tradicionais: labrega, carpinteiro, cesteiro, tecelá, ferreiro, zoqueiro, costureira...
Sección de Tecidos
Nesta sección podemos atopar todo o relacionado co proceso do liño, la, tear.... Tamén podemos observar o mundo cas costureiras e modistas, as cales solian ir casa por casa para facer o traxes para os días especiais, maquinas de coser, patróns, libros, fios, telas, botóns etc...
Sección de Tecnoloxía
Nela podémonos atopar con aparellos tecnolóxicos que deixaron de utilizarse: cámaras fotográficas analóxicas, fotografías, casetes, tocadiscos, teléfonos, calculadoras, maquinas de escribir...
Sección "A escola "
Nela reprodúcese unha aula de finais do franquismo e principios da Transición, con pupitres, mesa da mestra, cartografía, libros, enciclopedias, etc...
Sección "o fogar"
Onde se mostra a lareira como centro da vida rural, coa artesa para amasar pan, o forno para cocelo e unha serie de pezas e utensilios que nos achegan á evolución tecnolóxica que comezou na década de 1970... Televisión en branco e negro, pequenos electrodomésticos a corrente, etc...
Sección de Música Tradicional
Nesta sección podemos ver instrumentos musicais tradicionais
AS VISITAS ACTIVAS
O léxico perdido:
Comproba o que sabes, imaxinando a peza ou obxecto e a súa función. Se
tés dúbidas, fai unha visita activa ao Centro de Cultura Tradicioanal e
sorprenderaste do enxeñosos que eran os nosos antepasados na súa vida cotiá.
Tear. Peite. Lanzadeira. Novelo. Espadela. Caneleiro. Urdideira. Sarillo. Xugo. Loro. Ferrado. Cuartillo. Xugo. Ladrizos. Debandoira. Peneira. Cribo. Cesto vimbio. Limpadora de trigo. Máquina de mallar. Motor malladora. Carro. Trizadora toxo. Malladeiro. Rastrelo. Serra. Tronzador. Zafras. Gancho arrigar herba. Gadaña. Tesoiras curvas. Martelo cravuñar. Rozón. Pedra afiar. Martelo. Estrepia. Veso. Sementador. Sachadora. Máquina coser zapateiro. Artesa. Arado. Cesta corres. Queixeira. Sementadora. Banco de lareira. Gramalleira. Rastrelo. Galletas. Legón. Fouciño. Machado. Serrón. Sacha. Fouce. Cepilladora. Trollo. Soliño. Gallete. Grade. Canizo. Pa. Pote. Bidón. Leiteira. Cobo. Cazola manteiga, sulfatadora, nivel, muíño man, luz de carburo, candil, ferro pasar, cunco, máquina de encher os chourizos, leiteira aluminio, buzos, roldana...
(todos estes obxectos e centos máis están expostos...)